Vivenda





<vacío> Carné Xove
<vacío> Carné Alberguista
<vacío> Carné ISIC
<vacío> Carné Mestres (Teacher-ISIC)
<vacío> Carné Xove internacional (IYTC)


CARNE XOVE_____________________


Finalidade

Facilitar aos mozo/as de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove <30 está implantado.

Vantaxes
Acceso privilexiado a diferentes bens e servicios de tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro <30 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Ademais, entre as prestacións do carné xove euro <30 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozo/as galegos.

Destinatarios
Tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive.

Expedición
É preciso cubrir un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €. Pódese obter na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Redondela.

<vacío> Formulario de solicitude do CarneXove

Ámbito e Cobertura
Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro <30 publicada na nosa web e que se entrega gratuitamente co carné.

Validez
Ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. .

<vacío> Establecementos Adheridos ao Carné Xove



CARNÉ ALBERGUISTA_______________


Finalidade

Dá dereito ao uso de albergues xuvenís en España (REAJ) e en países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF).

Destinatarios
Existen catro modalidades:

<vacío> Xuvenil, 14-30 anos, custo 5€.
<vacío> Adulto, de 30 anos en adiante, custo 12€.
<vacío> Familiar, familias con fillos menores de 14 anos,  custo 24€. É necesario achegar fotocopia do libro de familia.
<vacío> Grupo, dende 10 persoas menores de 30 anos,  custo  15€.  Válido en España.

  1. As asociacións xuvenís censadas no Censo da Dirección Xeral de Xuventude poden obtelo gratuitamente.

<vacío> Internacional para estranxeiros sen residencia en España.

Expedición
No Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. Estes carnés tamén se poden obter nos Albergues da rede REAJ.

Validez
A validez é dun ano. Con estes carnés entrégase de modo gratuíto unha guía de albergues de España.




CARNÉ ISIC______________________


Finalidade

Serve para obter descontos nos transportes públicos das cidades dos países estranxeiros que visitades, tamén ten descontos nos Museos Públicos, comedores universitarios, etc. Na páxina web www.isic.org pódense atopar os descontos por países e cidades.

Destinatarios
Estudiantes maiores de 12 anos.

Expedición
Emítese no Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Os maiores de 16 anos deben acreditar a matrícula ou carné de estudante universitario. Vixencia: Curso académico.




CARNÉ MESTRES (TEACHER – ITIC)___


Finalidade

Ten prestacións similares ao ISIC e descontos en viaxes, aloxamentos, museos...

Destinatarios
Está destinado exclusivamente para profesores.

Expedición
No Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Acreditar a condición de profesor (certificado do centro onde imparten as clases ou unha nómina). Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Custo, 8€. Vixencia, o ano académico.






CARNÉ XOVE INTERNACIONAL (IYTC)

Finalidade

Ten prestacións similares aos carnés (ISIC) e (ITIC), ten descontos en viaxes, aloxamentos, museos,etc...

Destinatarios
Para xoves menores de 26 anos e que non acrediten ser estudiantes.

Expedición
No Centro Coordinador de Información . e Documentación Xuvenil de Galicia de Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Requisitos
Presentar DNI ou pasaporte. Unha fotografía tamaño carné. Custo, 6€. Vixencia, ano académico.