Que é?
Un blog (ou weblog ou bitácora) é como un diario dispoñible en Internet, un espazo persoal ou sitio web actualizado periodicamente que recompila textos ou artigos de un ou varios autores. Como norma xeral, as entradas dos blogs están ordenadas cronoloxicamente de máis recente a máis antiga e, na maioría dos casos, permiten facer comentarios a elas, de xeito que se integre a comunidade no blog aínda que o autor conserve sempre a liberdade de facer unha selección do que quere deixar blicado. A diferenza do que se cre non todos os blogs son de carácter persoal, existen, entre outros, os blogs comunitarios (escritos entre máis dunha persoa) ou os corporativos (ao servizo dunha empresa ou entidade).
Unha variante moi coñecida dos blogs son os fotologs, unha especie de diario en imaxes que se diferencia das galerías fotográficas en que se publican regularmente e en que o texto, tanto o dos comentarios do autor como o dos depositados polos lectores, posúe a mesma importancia que a imaxe.
En resumo, calquera que sexa o tipo ou estilo, son unha maneira simple e rápida de difundir a información que a cada un lle interese sen necesidade de posuír grandes coñecementos técnicos.
Glosario:
• Blogger: persoa que modera un blog
• Problogger: bloguer profesional.
• Blogosfera: comunidade que forman todos os bloggers
• Blogging: actividade de actualizar un blog
• Post: artigos ou entradas que se publican nos blogs
• Taggear: etiquetar palabras clave a unha entrada dun blog
• Blogroll: listaxe de enlaces a outros weblogs
• Splog: un spam blog
Se o que queres é crear o teu propio blog necesitas un sistema de xestión de contidos e un hosting ou aloxamento web, é dicir, unha plataforma para crear o teu blog. Para acceder a eles só tes que entrar nos sitios web de blogs gratuítos e simplemente darte de alta, a maioría deles son moi fáciles de instalar e personalizar.
Hai moitos sistemas gratuítos de creación de blogs
Wordpress
Blogger (que pertence a Google)
DiaroGratis
En Galicia dispoñemos de Blogoteca, onde tes a posibilidade de usar o galego para xestionar e visualizar o teu blog.
Se xa tes claro o tipo de blog que queres facer podes acudir a sitios especializado:
En ViajeBlogs, poderás crear o teu propio blog de viaxes, e a túa Fotoblog en sitios como www.fotologs.net ou en www.fotoblogoteca.com que, do mesmo xeito que Blogoteca.com, permíteche ter o teu fotoblog en galego.
Necesitas consellos para crear e elaborar o teu blog? Podes entrar en www.blogmundi.com e atoparás unha guía moi útil que che axudará a orientarte.
Como a blogosfera é moi grande e está moi diversificada aconsellámosche que acudas aos directorios de blogs para atopar aqueles que che interesan. Existen unha serie de directorios xerais, normalmente clasificados por materias, aínda que é máis práctico restrinxir as procuras por temas, como nos exemplos que che proporcionamos a continuación:
BLOGS DE MÚSICA
BLOGS DE LITERATURA
BLOGS DE CINE
BLOGS DE DEPORTES
BLOGS DE VIAXES
BLOGS DE FOTOBLOS e VIDEOBLOGS
BLOGS DE TECNOLOXÍA
BLOGS MÁIS VISITADOS
BLOGS EN GALICIA
|