Vivenda

Axudas ao Aluguer


<vacío> Renda básica de emancipación
<vacío> Programa de vivenda en aluguer





<vacío> Renda básica de emancipación | (plan de vivenda 2005-2008)


En que consiste?
  1. 210 euros mensuais para o pago do arrendamento da túa vivenda habitual durante un máximo de catro anos.
  2. 600 euros de préstamo que se pode utilizar para a fianza.
  3. Se  precisas aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Qué condicións hay q cumprir?

  1. Ter entre 22 e 30 anos.
  2. Dispor dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais.
  3. Acreditar unha vida laboral de polo menos 6 meses de antigüidade anteriores ou posteriores  desde o día da súa solicitude.
  4. Ser titular dun contrato de arrendamento ou estar buscando unha vivenda en aluguer.

Prazos:

  • Desde 1 de xaneiro  ata o 31 de decembro de 2008 ( pendente de ampliación)
  • A renda de emancipación será percibida por meses completos, e terás dereito a recibila desde o mes seguinte ao da súa solicitude.

Pasos necesarios para obter a prestación:

  • Presentar a solicitude na delegación de vivenda da túa provincia.
  • A administración autonómica comprobará que se cumpren todos os requisitos e o comunicará no prazo máximo de dous meses.
  • Coa resolución outorgada pola Xunta de Galicia deberás dirixirte á entidade bancaria colaboradora para solicitar o pago.
  • Se ao solicitala aínda non tes contrato de arrendamento, poderás solicitar o recoñecemento provisional do dereito a renda. Neste caso, terás tres meses desde o recoñecemento para buscar casa.

    <vacío> Formulario de solicitude da renda básica de emancipación

 


<vacío>
Programa de vivenda en aluguer

Características:
Alugueres subvencionados para persoas con maiores dificultades económicas.

Vantaxes para inquilinos:
Poden beneficiarse todas as persoas sen límite de idade.
A cuantía da axuda pode chegar ata o 80% do custe total do aluguer.
A axuda pode percibirse durante 5 anos.

Vantaxes para propietarios:
Garantía de cobro da renda mensual.
Ata 6.000 euros a fondo perdido para melloras da vivenda.
Seguro multirisco do fogar.
Asistencia xurídica gratuíta.

<vacío> Formulario de solicitude de incorporación no programa de vivenda en aluguer



<vacío> Voltar ó inicio